A Gaita
A orixe deste instrumento remóntase aos pobos Celtas que fixeron destes lares a súa terra moito antes de Cristo. Neste ámbito é onde a gaita naceu e evolucionou até os nosos días, dándolle unha imaxe e un son singular.
As principais partes dunha gaita son o Punteiro, o Ronco, a Ronqueta e o Chión.
O Deseño
Neste apartado temos varios deseños para escoller o aspecto final do instrumento; puidéndose facer, consoante ao gusto, cun deseño clásico o máis moderno:
Barroco
Moxenas
Tino Grandío
A Madeira
Actualmente, ademáis das madeiras tradicionais coma o buxo, adoitase utilizar madeiras tropicais, que abren o abano de escolla para o cliente, segundo o son que busque no instrumento, puidendo optar entre Granadillo, Coco-bolo, Pao Violeta, Pao Rosa ou Bubinga.
O Fol
Éste é unha das partes máis características da Gaita galega, organográficamente falando.
O Fol garda o aire que entra polo soprete para repartilo nos distintos tubos sonoros (Punteiro, Chión, Ronqueta e Ronco).
Hoxe en día podemos falar dun tipo de fol para todas as gaitas, aínda que tamén se poden usar foles doutros materiais.
Principalmente Gore-Tex, Bannatyne.
Tamén poden ser de Cabrito, Becerro, Charol.